Dobres parellas
Un manual de retórica
e unha gran novela histórica;
a bóla do mapa mundo
e, do reloxo, un segundo.
Un cuarteto no encerado
e un número fatigado;
a pedra filosofal
e unha aurora boreal.
Un xigante telescopio
e a luz de estrela que eu copio;
o punto norte da búxola
e o firme acento da esdrúxula.
Un curioso efecto óptico
e un orador estrambótico;
un caiuco na ribeira
e un amigo á miña beira.
As cartas dos reis de espadas
e de ouros nunha ollada;
e quen me roubou a min
os versos que eu escribín.
- Pulsad para ampliar la imagen y leer «Lobishome» y «Kafka». Del mismo libro: «Zoo» y «Xadrez».
- Ramiro Fonte, Xardín do pasatempo. Ilustrado por Jacobo Muñiz. Tambre (Ala Delta, verde, 24),Vigo, 2008. ISBN-13: 978-84-92404-15-5.




1 respuesta hasta el momento ↓
polina // 30 10 2009 a 11:56 am |
Me gusta lo gallego soy un español que habla en castellano